Mostrando entradas con la etiqueta concurso de fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso de fotografía. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de junio de 2014

Encontro "Cooperativismo: sostibilidade e innovación social"

Encontro "Cooperativismo: sostibilidade e innovación social"

4 de xullo de 2014, nas instalacións do Centro Ágora na cidade de A Coruña

Organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, para analizar as posibilidades de emprendemento cooperativo neste ámbito, os seus efectos sobre a calidade na prestación de servizos e as posibilidades de creación de emprego. E dentro das actividades que se desenvolverán ese día, ofrécese un espazo de encontro a modo de "workshop", que se porá a disposición dos cooperativistas. Dentro deste espazo, estará a disposición das cooperativas a súa propia zona de mesa e cadeiras co fin de que poidan promover os seus produtos e servizos de cara a convidados ou outras cooperativas interesadas.

Convocatoria do Concurso de Fotografía e Pósters, que deberán axeitarse á temática e contido do Encontro "Cooperativismo: sostibilidade e innovación social". Ver as bases na web www.cooperativas2014.com.

Para mais información: www.cooperativasdegalicia.coop, ou no correo electrónico info@cooperativas2014.com,
ou a través do teléfono 646 134 647.